
Michael Jackson(O rei do pop)
Michael Joseph Jackson, nado en Gary (Indiana) o 29 de agosto de 1958 e finado en Los Ángeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido soamente como Michael Jackson, foi un músico, artista e home de negocios estadounidense, cuxas únicas contribucións á música e baile populares, xunto á súa moi publicitada vida persoal, o fixeron parte central da cultura popular durante catro décadas. Sendo un dos poucos artistas en ser incluído no Salón da Fama do Rock por dúas veces, os seus logros fixeron que acadase varios Récords Guinness do Mundo, 13 Premios Grammy, 13 sinxelos números un e a venda de máis de 750 millóns de discos en todo o mundo.
Tras formar nos anos sesenta, sendo aínda un neno, un grupo de grande éxito en compaña dos seus irmáns, The Jackson Five, na década dos oitenta convértese na superestrela de pop máis exitosa a nivel mundial, debido ó extraordinario impacto do seu álbum Thriller (1982), o máis vendido da historia da música con máis de 40 millóns de discos vendidos. Dende entón foi coñecido mundialmente como o Rei do Pop.
No hay comentarios:
Publicar un comentario