martes, 19 de junio de 2012

Traballo colborativo. BSCW y RSS

BSCW

BSCW, é unha ferramenta que permite crear na web un espazo de traballo compartido, onde poder desenvolver e manter almacenados proxectos de forma totalmente fiable e segura, dende distintas plataforma (Windows, Linux, Unix... ).

Algunhas das vantaxes que ofrecen os BSCW son:


- Permiten crear zonas de traballo entre persoas situadas en distintas partes do mundo.


- As áreas de traballo teñen restrinxido o acceso unicamente os membros rexistrados.
- Os documentos publicados nas áreas de traballo encóntranse dispoñibles en calquera momento e para calquera usuario, posto que se encontran almacenados no servidor e non nos ordenadores locais.

A información contida no BSCW pódese ler e modificar.Para poder utilizar BSCW requírese unicamente dispoñer dunha dirección de correo electrónico POP3 para rexistrarse como usuario, un navegador de internet e ser invitado por un grupo de traballo para participar nel . Xeralmente, os espazos BSCW utilízanse en foros universitarios ou de investigación.

Para inicarse no manexo dos BSCW, Rede Iris ofrece un acceso público a un deles . Para acceder a el, teremos que:

1. Abrir o navegador e conectar coa dirección.
http://cvu.rediris.es/pub/bscw.cgi/0/21
2. Facer clic sobre unha das carpetas, por exemplo, Aprendizaxe, e sobre o nome dun dos documentos que se mostrarán dentro, para visualizalo.
En cada unha das áreas de traballo e, dependendo do software utilizado para a súa creación, dispoñeremos de botóns para realizar as operacións básicas, como editar un documento, modificalo, volver publicalo, crear unha carpeta, etc.

RSS.

RSS son siglas de Really Simple Syndication, o que poderiamos traducir ao castelán como redifusión web, e consiste en publicar artigos simultáneamente en diferentes medios a través dunha fonte común; é dicir, é unha forma de ofrecer os contidos para que calquera que desexe incluílos nas súas páxinas web lle resulte doado facelo. Un exemplo diso son os titulares de noticias que moitos medios de comunicación ofrecen gratuitamente e que se actualizan de forma automática, facendo posible que se mostre na páxina web ou no escritorio a información actualizada en tempo real.

Polo tanto, RSS é un formato de documento que permite actualizar as novidades e noticias dun sitio web, de forma totalmente transparente para o usuario. Para ler este tipo de documento requírense programas especiais denominados RSS readers, pero que actualmente se encontran incluídos en todos os navegadores web.

Existen moitas empresas que ofrecen a posibilidade de incluír nas páxinas web, e de forma gratuíta, os seus propios titulares de noticias. Por exemplo, para incluír os titulares do diario El País, débense realizar os seguintes pasos:

1. Abrir o navegador e conectar coa dirección:
http://www.elpais.com/rss/index.html
2. Facer clic sobre unha das categorías de notcias que se mostra na parte central. Por exemplo, España.
3. Seleccionar a opción Na súa propia páxina, do menú que aparece.
4. Completar o formulario para darse de alta como usuario dos titulares.
5. Facer clic sobre o enlace continuar.
6. Seleccionar o formato co que se incluirán. o tamaño da ventá e o número de titulares.
7. Cando seleccionemos o formato máis apropiado para a páxina web na que se incluirán os titulares, teremos que facer clic sobre o botón Enviar código.

A forma de incluír o código necesario para que se mostren os titulares na páxina web é a seguinte:

8. Abrir a conta de correo que se utilizou para rexistrarse.
9. Abrir a mensaxe recibida, cuxo asunto será Titulares na súa web de ELPAIS.com.
10. Abrir o ficheiro código titulares.txt.

11. Copiar o devandito código e pegalo na páxina web na que se desexa incluír.
12. Gardar e publicar a páxina, para comprobar que funciona correctamente e que os titulares se actualizan no tempo real.

martes, 12 de junio de 2012

Blogs


Conceptos básicos sobre os blogs
Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas, con distintos obxectivos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc.
Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre aqueles usuarios que o autor de web desexe.Algunhas características dos blog son:
- Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.
- A publicación dos comentarios realizásese a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.
- As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenados cronoloxicamente.
- Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outros blog recomendados, que se adoita denominar blogroll.
- Todos os blog conteñen unha lista de amigos, aos que autor autoriza a publicar comentarios.
- Ademais do texto, é posible incluír imaxes e vídeos.
 
Como crear un blog
 Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns dos servidores que ofrecen esta posibilidade de forma gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxo dirección é www. lacoctelera.com/nome_de_usuario.
Unha vez na páxina de La Coctelera, débense realizar os seguintes pasos:
1. Facer clic sobre en enlace Crear o teu blog.
2. Completar o formulario cos datos que se solicitan.
O nome que se escriba no campo Nome de usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así, a dirección web do blog creado, seráwww.lacoctelera.com/nombre_de_usuario.O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog.
3. Activar a casa de verificación lin e acepto as Condicións do servizo.
4. Facer clic sobre o enlace Continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos que se ofrecen na páxina.
6. Facer clic sobre o enlace Continuar.
7. Facer clic sobre o enlace 
Publica a túa primeira historia.




Para darse a coñecer
Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo electrónico aos amigos, co fin de dar difusión ao novo blog. O título do blog e o primeiro artigo
Mentres se crea o blog ao ao fai clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible introducir a información básica: o título do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc. Para iso, teremos que:1. Facer clic sobre o cadro Título, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido.2. Facer clic sobre o enlace Guardar.3. Facer clic sobre o cadro Sobre eu e escribir unhas liñas acerca do autor.4. Facer clic sobre o enlace Guardar.5. Facer clic sobre o cadro Novo artigo e escribir o primeiro artigo que se publicará no blog.6. Facer clic sobre o enlace Publicar. Se non rematamos de escribir o artigo e quixeramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Guardar borrador.


Ten en conta
En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace Ver o meu blog.


















Traballo colaborativo.Wikis


Ferramentas colaboradoras
Normalmente, a idea que se ten de internet é a de ser unha gran fonte de información nas que se pode encontrar todo tipo de documentos. Las listas de distribución, os chats e os grupos de noticias permiten intercambiar arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo delas dende a popularización de internet estivo enfocado máis cara ao ámbito lúdico que cara ao laboral.
Sen embargo,las novas ferramentas que xurdiron na rede están enfocadas á realización dun traballo concreto e, especialmente, un traballo que implica a participación e colaboración de múltiples persoas.
Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, os BSCW e os RSS.
wiki
Os wikis constitúen unha das formas de colaboración máis novidosas que ofrece internet.Un wiki é un sitio web que se contruye a partir do traballo de moitos autores.Básicamente consiste nunha colaboración de páxinas web, que poden ser visitadas ou editadas por calquera persoa, sen pasar por ningún tipo de revisión ou censura previa.

O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Conningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001, iniciouse o proxecto Wikipedia,consistente na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en día, é o wiki máis grande que existe en versión inglesa e que se encontra en máis de noventa idiomas.
Un dos principais problemas dos wiki é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo, incluír material que viola os dereitos de autor ou, simplemente, incumprir as normas do wiki.
Paea solucionar problemas de vandalismo, pódense tomar algunhas medidas como son: bloquear temporalmente o vándalo a través do seu nome de usuario ou a súa dirección IP, bloquear a páxina na que se están a producir os feitos e, en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos de wiki.





Wikis e Blogs
A diferenza entre os wikis e os blogs é que, no primeiro caso, se trata dun sitio web construído en colaboración por todas aquelas persoas que desexen participar, co objectivo de crear un lugar de coñecemento, mentres que os blog son creados por unha persoa, neles publícanse artigos e opinións, censurados polo autor, sen un objectivo final.

Como crear un wiki
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear e aloxar un wiki de forma gratuíta, aínda que moitos deles están en
inglés.
En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso esta perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a través de wikispaces.com, para iso teremos que:
1. Abrir o navegador e conectar coa dirección web www.wikispaces.com.
2. Completar o cadro Join now, cun nome de usuario, un contrasinal, unha dirección de correo e nome para o wiki.
3. Facer clic sobre o botón Join.
4. Completar de novo o contrasinal.
5. Activar o botón de opción Public, para calquera usuario que o desexe poida completar a información do wiki.
6. Facer clic sobre o botón Join.
O wiki creouse. Para acceder a el e completar a páxina inicial e o resto de información que se desexe incluír, débese:
7. Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nome.wikispaces.com)
8. Facer clic sobre o botón Edit this page.
9. Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na parte superior da ventá do editor.
10. Cando se finalice débese facer clic sobre o botón Save
.
O teu wiki
A continuación enuméranse algúns servidores que permiten crear wikis:
Pbwiki.org (www.pbwiki.com)
Xwiki.com (www.xwiki.com)
Wetpain (www.wetpain.com)
Wikispaces (www.wikispaces.com)
SeddWiki (sedwiki.com)
JotSpot (www.jot.com)
EcoWiki 
(www.ecowiki.org)
 
No seguinte video podedes ver que é unha Wiki: