martes, 12 de junio de 2012

Traballo colaborativo.Wikis


Ferramentas colaboradoras
Normalmente, a idea que se ten de internet é a de ser unha gran fonte de información nas que se pode encontrar todo tipo de documentos. Las listas de distribución, os chats e os grupos de noticias permiten intercambiar arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo delas dende a popularización de internet estivo enfocado máis cara ao ámbito lúdico que cara ao laboral.
Sen embargo,las novas ferramentas que xurdiron na rede están enfocadas á realización dun traballo concreto e, especialmente, un traballo que implica a participación e colaboración de múltiples persoas.
Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, os BSCW e os RSS.
wiki
Os wikis constitúen unha das formas de colaboración máis novidosas que ofrece internet.Un wiki é un sitio web que se contruye a partir do traballo de moitos autores.Básicamente consiste nunha colaboración de páxinas web, que poden ser visitadas ou editadas por calquera persoa, sen pasar por ningún tipo de revisión ou censura previa.

O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Conningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001, iniciouse o proxecto Wikipedia,consistente na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en día, é o wiki máis grande que existe en versión inglesa e que se encontra en máis de noventa idiomas.
Un dos principais problemas dos wiki é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo, incluír material que viola os dereitos de autor ou, simplemente, incumprir as normas do wiki.
Paea solucionar problemas de vandalismo, pódense tomar algunhas medidas como son: bloquear temporalmente o vándalo a través do seu nome de usuario ou a súa dirección IP, bloquear a páxina na que se están a producir os feitos e, en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos de wiki.





Wikis e Blogs
A diferenza entre os wikis e os blogs é que, no primeiro caso, se trata dun sitio web construído en colaboración por todas aquelas persoas que desexen participar, co objectivo de crear un lugar de coñecemento, mentres que os blog son creados por unha persoa, neles publícanse artigos e opinións, censurados polo autor, sen un objectivo final.

Como crear un wiki
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear e aloxar un wiki de forma gratuíta, aínda que moitos deles están en
inglés.
En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso esta perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a través de wikispaces.com, para iso teremos que:
1. Abrir o navegador e conectar coa dirección web www.wikispaces.com.
2. Completar o cadro Join now, cun nome de usuario, un contrasinal, unha dirección de correo e nome para o wiki.
3. Facer clic sobre o botón Join.
4. Completar de novo o contrasinal.
5. Activar o botón de opción Public, para calquera usuario que o desexe poida completar a información do wiki.
6. Facer clic sobre o botón Join.
O wiki creouse. Para acceder a el e completar a páxina inicial e o resto de información que se desexe incluír, débese:
7. Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nome.wikispaces.com)
8. Facer clic sobre o botón Edit this page.
9. Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na parte superior da ventá do editor.
10. Cando se finalice débese facer clic sobre o botón Save
.
O teu wiki
A continuación enuméranse algúns servidores que permiten crear wikis:
Pbwiki.org (www.pbwiki.com)
Xwiki.com (www.xwiki.com)
Wetpain (www.wetpain.com)
Wikispaces (www.wikispaces.com)
SeddWiki (sedwiki.com)
JotSpot (www.jot.com)
EcoWiki 
(www.ecowiki.org)
 
No seguinte video podedes ver que é unha Wiki: 




No hay comentarios:

Publicar un comentario